8 ene 2010

Neve en Compostela

Hoxe ó abrir a ventá pola mañá descubrín Cacheiras nevado. Unha imaxe moi bonita, se non tes que coller un coche media hora mais tarde. Quedei tirado a 200 metros da casa, na primeira costa arriba que apareceu. A capa de xeo que se formara facía patinar ó ibizita coma se estivese na pista do mercado de gando. O caso é que como non hai mal que por ben non veña, outros dous que estaban na mesma situación ca min e mais eu fomos xuntos a tomar un café e esperar a que a cousa mellorara. Así estiven duas horas falando con dous completos descoñecidos sobre o tempo e sobre todo o que se poida falar. Unha mañán agradable.

Ó chegar ó curro so estaba a xente de Santiago e case nin sequera, así que tirei unhas fotos do campus e puxenme a traballar.

Neva en Compostela, non estamos acostumados e iso nótase, todo o mundo anda alterado pola rúa e a estrada, pero cun sorriso de orella a orella :-)

0 Graznidos: