18 ene 2010

A caridade: De Haití aos caixeiros das nosas cidades

O profundo conservadorismo relixioso opusiano en nada se entronca coa mensaxe central do mesías cristián, que se rodeaba de putas e pecadores e proclamaba que os pobres herdarían o Reino dos Ceos. A eses pobres, o reino da terra fícalles hoxe cada vez máis vedado.

(...)

Eduardo Rolland escribiu en outubro do ano pasado un memorábel artigo sobre as persoas sen fogar na cidade de Vigo, titulado "El Albergue". O xornalista indicaba que nos dez meses anteriores do ano, na cidade olívica faleceran catorce persoas nesa situación. Catorce mortos de xaneiro a outubro de 2009, invisíbeis na axenda política e mediática!

Rolland lembra, incisivo, que a Xunta é unha potencia en albergues: "Ofréceos gratuítos aos peregrinos nos infinitos camiños de Santiago. E pagámolos todos, cos nosos impostos, para que durma xente que podería custearse un hotel. Porén, non hai un peso para facer un miserábel albergue para os máis desgrazados. Para os que morren e seguirán a morrer na rúa." O seu dedo sinala tamén a xerarquía eclesiástica, máis ocupada en encher autobuses con manifestantes camiño de Madrid que en denunciar a desprotección pública de quen máis o precisa. "E o venerável cardeal dizer que vê tanto espírito no feto e nenhum no marginal", como nos versos cantados de Caetano Veloso, por certo nun tema titulado "Haiti".

Carlos Callón aquí

0 Graznidos: