12 jun 2009

Prohibido pensar

Asi se titula o "Disque Disque" de hoxe de Anton Losada para o periodico Galicia Hoxe. Leo todos os dias este editorial polas cousas que se din nel, sempre cunha critica aceda do que pasa na nosa sociedade. O Disque de hoxe vai dedicado a censura que a curia galega ven de facer sobre a obra de Torres Queiruga (curiosamente, un teologo). Reproduzo literalmente:

"Disque a Torres Queiruga e á súa obra estáselles a botar enriba a longa sombra da curia máis reaccionaria. Disque a súa respectable obra teolóxica vai ser censurada pola policía teolóxica da Igrexa, co bispo de Lugo e sobriño de Rouco á cabeza. Soa tan rancio todo que dá até vergonza falar disto, e que poidan pasar estas cousas aínda hoxe. Aos que lles resulta incómodo pensar, sempre acaban tratando de prohibirlles aos demais que practiquen o pensamento. É unha lei universal. Rouco persevera na que é a súa grande achega para os católicos: só hai que oír o que di e ver o que fai para ter claro o que nunca debe facer un bo católico."

Espero que esto vos anime a ler esta pequena columna diariamente como fago eu, xa que abre os ollos de quen queira ver a realidade que hai hoxe en dia en galicia.

1 Graznidos:

Anónimo dijo...

Pobre Toniño, xa non ten coche oficial e agora está rabiosiño. ¡Ay, qué mala es la Iglesia!